Unha nova tempada, o mesmo sentimento

 

O xoves comeza a pretempada do noso equipo, polo que xa falta menos para poder voltar á realidade que tanto nos gusta e nos une: acudir a Riazor e a cada estadio visitante, sempre que os horarios o permitan.

Como tod@s sabedes e xa dixemos noutras ocasións, o papel do afeccionado é vital no noso club, polo que dende o primeiro día tod@s @s deportivistas debemos mostrar o noso apoio incondicional ás cores branquiazuis.

Dende o día 23 de xuño xa podemos renovar ou darnos de alta como abonados e queremos promover e difundir esta campaña. Sabemos que o momento económico é complicado pero animamos a facer un esforzo, porque o feito de poder acudir aos partidos de Riazor e outras categorías compensa o desembolso realizado. Os resultados poden ser bos ou malos, pero tod@s debemos ter moi claro que os grandes momentos vividos teñen detrás a unha gran masa social e, o que aínda é máis importante, que non abandonamos ao noso equipo nos peores momentos. Por iso é fundamental que unha tempada máis fagamos de Riazor un dos estadios con maior afluencia no estado español e sigamos estando presentes en todos os campos que visita o Depor, porque a parte de moito deportivista en Galicia, tamén hai unha ampla representación en España e en todo o mundo. Ti es #ANosaHistoria, ABÓNATE!

Queremos aproveitar para, unha vez máis, mencionar ao noso Depor feminino, salientando o importante da sua creación e a necesidade de que dende o primeiro momento conte co noso alento nos partidos que dispute. O feito de abonarse permite, tamén, acudir a coste cero a estes partidos que, nun principio, se disputarán na cidade e, desta forma, sexa máis sinxelo presencialos. Dende a Federación imos animar ás diferentes peñas para que, na medida das sus posibilidades, acudan a estes encontros e o mesmo queremos facer con todo o deportivismo para que as nosas xogadoras sintan os nosos ánimos dende o primeiro día que vistan a camiseta blanquiazul.

Para finalizar consideramos importante mobilizar á masa social deportivista para que apoie a campaña que vén de iniciarse para que o noso escudo reflicta o nome real da cidade que representa o Deportivo. Dende 1998 o nome é A Coruña, polo que consideramos que chegou o momento de que, como noutros temas, traballemos unidos para conseguir este cambio, que traería unha normalidade que escapa de toda polémica. #EuDeportivoDaCoruña

 

#AUniónFaiAForza